INDITEX Comedores Corporativos 360º

INDITEX confía en Fogar Consultores 360º para a transformación dos seus comedores corporativos
14 de xuño de 2022 by
Fogar Consultora 360º

INDITEX confía a transformación dos seus comedores a un referente galego da sostibilidade; Fogar do Santiso

 Fogar Consultores 360º, consultoría especializada en agroecoloxía e sostibilidade,  tomou como referencia a súaexperiencia e coñecemento no grupo gastronómico Fogar do Santiso, e baseouse  neste modelo para instaurar os cambios que INDITEX quere implementar nos seus comedores a nivel nacional, que inclúen alimentación ecolóxica e a instalación de sistemas de compostaxe como parte dun modelo 360º.

INDITEX quere articular a súa actividade a través dun modelo de negocio sostible e para conseguir este obxectivo comprometeuse coa sostibilidade en toda a súa actividade; incluíndo os comedores que teñen para os seus traballadores. Para deseñar e implementar o cambio, elixiu unha empresa galega, referente na gastronomía ecolóxica e en modelos de economía circular. Fogar Consultores 360º guiou esta transformación en dez comedores de INDITEX en toda España, co obxectivo de facer menús máis saudables, con produtos ecolóxicos de kilómetro 0, e alcanzar a meta de redución de residuos ata chegar a residuo cero. 
 A longa traxectoria da consultoría especializada en sostibilidade e sustentabilidade; especialmente na área de restauración e alimentación ecolóxicas, foi un factor decisivo para ser a consultoría máis capacitada para abordar o proxecto. 
  A empresa de Teo, recentemente recñecida polo Ministerio de Turismo como exemplo de economía circular, pon agora ó serzio doutros negocios do sector agroalimentario o coñecemento adquirido «como pioneiros en Galicia» en agroecoloxía, bioconstrución, reciclaxe e redución de residuos. INDITEX iniciou varias accións para ter un modelo de comedores 360º que pon de manifesto o seu compromiso coa sostibilidade e o seu interese polo benestar das persoas que forman parte da empresa.
  Esperamos que outras empresas imiten a este líder mundial con actitudes proactivas que fagan da sostibilidade un valor transversal de súa cultura corporativa e de todas as súas actividades.

​ 

 ​ 

 ​

 ​

LINKS PRENSA:

La Voz de Galicia 18/05/2022

La Voz de Galicia 21/02/2023

COMPARTE
ArQUIVO